Blogia
BRISAS DE FOZ

La mayor parte de esos millones de euros que están gastando ¿En qué beneficios, para la Mariña,perdurables se traducen?.La radiografía de nuestras estructuras y recursos disponibles, y aquí "retratados" lo contestan

Continuamos diseccionando la Memoria del Pol. Recordamos que,  resaltando aquellas cosas ,que a mi entender, son las más interesantes para la Mariña Lucense. Entramos ahora en un capítulo, al que los políticos de nuestra área no le está prestando atención, y, deberían ser a los que mas tiempo deberían dedicar, pues de éllos pende nuestro futuro, fuera de coyunturas puntuales. El POL se manifiesta así:

 

 

O punto de partida para analizar a situación socioeconómica do litoral galego é a súa distribución xeográfica.

 

A distribución dos 92 concellos que compoñen o litoral galego en 17 comarcas ocupa en total unha extensión de 5.609 km2 e serían: (Tomamos solo los de la Mariña)

 

• Mariña Oriental: Ribadeo, Barreiros e Trabada (264 km2).

• Mariña Central: Burela, Foz e O Valadouro (218km2).

• Mariña Occidental: Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo (352 km2)

 

3. INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS

 

3.1. INFRAESTRUTURAS TERRESTRES

 

As estradas son a principal vía de comunicación dos concellos de litoral, detectándose unha importante carencia de medios de transporte alternativo, especialmente de infraestruturas ferroviarias axeitadas, o que se traduce nunha utilización masiva do transporte privado en automóbil.( esta utilización masiva del automóvil particular, a mi criterio, incrementa  ostensiblemente los costos para los ciudadanos, amén de el nº de accidentes y la prematura destrucción de las vías)

 

Tampouco existe unha dotación axeitada de transporte público por estrada, de xeito que algunhas comarcas encóntranse mal comunicadas entre elas. No relativo ao transporte interurbano, agás na grandes cidades tamén se detectan importantes carencias, que complican a circulación nas urbes, o que obriga o uso do vehículo particular

 

Nos próximos anos está previstos un importante investimento en infraestrutura: a autovía transcantábrica, que percorrerá as comarcas do norte de Galicia, a vía Ártabra na comarca da Coruña, a autovía que integrará as comarcas de Carballo e Fisterra, a autovía de Noia a Brión, a autovía entre O Salnés e O Grove e Sanxenxo, a de Vilagarcía con Pontevedra, a da península do Morrazo e a de Tui coa Guarda, entre

outras, dentro do novo plan de infraestruturas viarias.

 

É importante destacar as estratexias de mobilidade que se recollen no Plan MOVE.

Incluido dentro de los planes sectoriales  que contempla el POL)

 

3.2. INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS

 

Os portos no litoral galego teñen unha grande importancia no desenvolvemento económico, industrial, pesqueiro e turístico. Isto fai que Galicia teña portos xerais con peiraos comerciais, transatlánticos, pesqueiros e deportivos, a un tempo que existen portos especializados nalgunhas das categorías anteriores en case todas as comarcas do litoral.( tomamaos solo lo que afecta directamente a la Mariña)

 

Tamén destaca as dotacións portuarias en Ferrol, cun porto interior da ría de Ferrol e outro de recente construción no exterior, ademais de xestionar o porto de San Cibrao, tan importante para a economía da Mariña Occidental coa planta de aluminio en Cervo e Xove Lago. Así, o porto de Ferrol-San Cibrao recolle un volume de mercadorías próximo aos 12,9 millóns de toneladas, cun forte aumento nos últimos anos, o que permitiu ser a Autoridade Portuaria con mayor aumento de tráfico do Sistema Portuario. A maior parte do tráfico oriéntase cara a graneis líquidos (2,2 millóns).

 

Xunto cos casos xa citados encóntranse os portos   xestionados exclusivamente pola Comunidade Autónoma de Galicia, cuxos portos comerciais-pesqueiros son o de Ribadeo (na Mariña Oriental) o de Burela (Mariña Central) o de Viveiro e O Vicedo (Mariña Occidental)

 

Tamén se debe sinalar a existencia dun importante número de portos deportivos, que sen ter a transcendencia económica doutras instalacións portuarias destinadas á pesca ou ao tráfico de mercadorías permiten certo desenvolvemento, especialmente centrado na actividade turística. Seria o caso dos de : Porcillán, (Mariña Oriental), o de Foz (Mariña Central), o de Viveiro e Cervo, (Mariña Occidental)

 

3.3. INFRAESTRUTURA AEROPORTUARIA

 

Na Mariña Occidental encóntrase o Heliporto Costa Norte (preto do porto de Celeiro), destinado sobre todo a operacións de rescate aéreo (servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia). Finalmente, na Mariña Oriental cóntase co aeródromo de Vilaframil (a 4 Km. do núcleo urbano de Ribadeo) destinado a voos locais e aptos para avións de pequeno tamaño.

 

3.4. RECURSOS SANITARIOS

 

En todos os concellos estudados existen centros de saúde, tanto de atención primaria como especializada.

 

A maior parte dos servizos hospitalarios encóntranse nas grandes cidades do litoral, este é o caso das cidades de Vigo e A Coruña que contan con seis hospitais cada unha. Séguenlle, por número de centros, as comarcas de Ferrol e Pontevedra con 4 hospitais cada unha.

As demandas de toda a mariña lucense son cubertas por un único centro en Burela, o mesmo que ocorre en Fisterra, Barbanza e Vilagarcía, na comarca do Salnés.

 

3.5. RECURSOS EDUCATIVOS

 

En todas as comarcas analizadas existe unha ampla variedade de colexios infantís, escolas de Ensino Primario, ESO e institutos, tanto de Bacharelato como Formación Profesional, ademais de Escolas Oficiais de Idiomas e Conservatoriosde Música.

Ademais, a comarca de Ferrol ten un campus a Universidade da Coruña e un centro asociado á Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). A comarca da Coruña conta coa sede central da Universidade da Coruña, un centro adscrito da UNED e un centro universitario privado adscrito á University College Dublín. En Pontevedra existe un campus universitario dependente da Universidade de Vigo e outro centro asociado da UNED. Finalmentena comarca de Vigo encóntrase a Universidade de Vigo e a Escola da Armada de Marín (que pasa a formar parte da Universidade).

 

4. ANÁLISE DEMOGRÁFICA

 

Para a elaboración dos indicadores de poboación tomouse como referencia a poboación correspondente ao Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2008, elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), incluíndo aos españois e estranxeiros (habitantes empadroados que non teñen nacionalidade española).

 

A destacar é que máis da metade da poboación galega vive na costa (59 %), un total de 1.634.997 habitantes no 2008. obsérvase que o interior rexistrou un decrecemento poboacional do 1,3 %, fronte ao crecemento do 4,4 % do litoral (a media galega foi dun crecemento do 2 %). Se se compara a tendencia poboacional en España obsérvase un crecemento do 14 % para o período 2000-2008, crecemento moi superior ao experimentado polo litoral e Galicia, o cal significa que tanto o interior coma o litoral de Galicia, perderon poboación relativa respecto ao conxunto de España

 

Compróbase como a poboación no litoral galego concéntrase en tres comarcas, dúas

da cales teñen un peso da poboación superior ao 20 % (A Coruña e Vigo) e outra, Ferrol superior ao 10%. Séguenlle, polo número de habitantes, as comarcas do Salnés, Pontevedra e O Morrazo (cunha participación entre o 5,0 %-6,7 % de poboación), O Barbanza, Bergantiños, O Baixo Miño, Noia-Muros, Fisterra,Mariña Occidental, Caldas-O Sar, Betanzos e Mariña Central, todas elas entre o 1,3 e 4,1 % da población e, finalmente, A Mariña Oriental e Ortegal, que entre as dúas non supoñen o 2 % da poboación residente.

 

Polo tanto, existe un forte concentración da poboación dentro das comarcas do litoral, que condiciona en boa medida, o resto de indicadores económicos.

 

Yo creo, que no es necesario que califique esta situación. Vds lo pueden hacer mejor que yo, estoy convencido. Lo que si haré, es ¡!repetir hasta la saciedad!! que nuestros políticos del área de la Mariña, no se preocupan de esto, de “este cuadro” que refleja crudamente la situación de la Mariña. Cada día cuando les escucho y/o leo a través de los medios de comunicación, ufanarse de los “innumerables proxectos “ que han desarrollado o van a desarrollar, se me eriza el cabello, porque pienso . La mayor parte de esos millones de euros que están gastando ¿En qué beneficios, para la Mariña,

perdurables se traducen?. La radiografía de nuestras  infraestructuras y recursos disponibles, y aquí “retratadas” lo contestan.

 

Lo malo, lo descorazonante, es que proseguiremos igual en el futuro inmediato ¿Por qué? Porque estos sres y sras no se preocupan de “planificar” el futuro ¡!viven al día!! entre elección y elección. Así, ese proyecto de una Mariña Grande queda reducido a la mera propaganda electoralista de nuestros dirigentes. Del POL, solo les interesa la cartografía ¡!! Una lástima!!!

0 comentarios