Facebook Twitter Google +1     Admin

La Mariña Occidental la primera comarca del litoral en PIB/habitante, según el POL...

Proseguimos nuestro resumen de los contenidos del POL que nos merecen más interés para la zona de la Mariña.

 

6.14. DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO

 

O desenvolvemento das telecomunicacións é un dos piares para mellorar a produtividade das empresas. Entre outros resultados pódese sinalar o acceso ás tecnoloxías da información permitirá compartir recursos e mellorar os procesos de aprendizaxe e de formación dos nosos estudantes e traballadores en activo.Todo isto será posible se se confía no desenvolvemento da banda ancha para o éxito das telecomunicacións.

 

Este proceso non acabará aquí, senón que grazas ao despregue da fibra óptica, os cidadáns, os fogares, as empresas terán ao seu alcance moitas oportunidades para avanzar e consolidar o seu desenvolvemento. Precisamente por iso, resulta interese coñecer a implantación das liñas de banda ancha nas comarcas do litoral.

 

1 de xaneiro de 2008 compróbase, a partir do gráfico 10, como as comarcas da Coruña e Vigo, con 21,3 e 18,0, respectivamente(líneas por 100 habitantes) son as dúas que presentan un maior desenvolvemento das liñas de banda ancha, situándose, sobre todo A Coruña por riba da media do litoral (15,6) e a media de toda a comunidade galega (13,3). Séguenlle, Pontevedra (15,9) e A Mariña Central (15,3). Sen dúbida, o resultado das tres primeiras comarcas débese á existencia de centros universitarios, coa conseguinte demanda directa destes servizos, tanto por parte das propias institucións (Universidade da Coruña e Vigo), como os propios estudantes nos seus fogares, ao que hai que engadir tamén o maior nivel de renda, que permite o acceso a estes servizos. Para o caso da Mariña Central, o elevado nivel de renda parece ser a causa deste resultado. As comarcas onde se manifesta un menor desenvolvemento das novas tecnoloxías son Fisterra (6,9) e especialmente Bergantiños (6,5), cuxos indicadores é o 40 % da media do litoral. A este grupo de comarcas habería que unir as do Barbanza, O Baixo Miño, Caldas-O Sar, Ortegal, Muros-Noia, cuxo indicador sitúase entre as 8 e 12 liñas por cada 100 habitantes.

 

Ademais, dentro de cada comarca hai importantes diferenzas. Por pór un exemplo, o indicador para os concellos do litoral da Mariña Oriental (13,9) é lixeiramente inferior á media do litoral (15,6) e practicamente o mesmo que a media de Galicia (13,3). Con todo, prodúcese un gran contraste entre o concello de Ribadeo, con 17,7 liñas de banda ancha por cada 100 habitantes e as 0,07 do concello de Trabada, o que pon de manifesto que as zonas máis rurais, están peores dotadas no que fai a novas instalacións tecnolóxicas. Ademais, compróbase que concellos contiguos, pero situados en comarcas diferentes teñen dotacións moi heteroxéneas. Este sería, por exemplo, o caso de Arteixo (na comarca da Coruña) cunha ratio de 14,1 e A Laracha (concello contiguo na

comarca de Bergantiños), cun indicador de 5,5.

 

Un exercicio interesante é o de comparar o desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicacións co nivel de estudos da poboación, recollido tamén no gráfico 10. Tomando como referencia a porcentaxe de poboación con estudos medios e superiores para cada comarca, compróbase a existencia dunha alta correlación

co número da banda ancha por cada 100 habitantes (95,8 %) Así, as comarcas da Coruña (23,2 %), Pontevedra (18,2 %) e Vigo (18,0 %), son as que presentan un maior indicador.

Nuevamente nos encontramos frente a un asunto de importancia para el desarrollo de la Mariña, como de cualquier otro lugar, claro está. Es lastimoso ver, a modo de ejemplo, como los locales de la banca de la zona, está llenos de ciudadanos haciendo cola para realizar gestiones, que en su mayoría, hoy se pueden efectuar por Internet. Eso, que parece un detalle insignificante, es reflejo de la productividad colectiva de la comarca. No solo forman estas colas personas de la tercera edad y  retiradas, si no que también personal de infinidad de negocios y autónomos, que han  de dedicar a estas gestiones horas y horas, cuando podían efectuarlas en minutos desde su propia casa y/o negocio. Lo mismo podríamos decir de lo que acontece en los Concellos, en la Sanidad, en Hacienda, ctc ctc. Todas estas horas/persona/día, están lastrando los márgenes de sus negocios e incrementando el gasto en personal para quienes les deben atender, gasto que será repercutido vía costos y/o impuestos, según la procedencia del servicio. Esta misma mañana, en un establecimiento bancario, su responsable me decía “en estos momentos todo el mundo pretende que no se le cargue comisiones, y las entidades financieras, no quieren ni oír hablar de ello”. Obviamente, las comisiones han pasado a ser un capítulo importante en el negocio bancario, donde la gestión personalizada del cliente, “consume” un gran contingente de empleo que pesa en sus cuentas de explotación.

 

Discrepo ligeramente con el POL a la hora de valorar la razón de porque la Mariña Central dispone de un buen ratio de líneas de banda ancha, colocada en 4º lugar, después de Coruña, Vigo y Pontevedra, con un dato del 15,3% de líneas /habitante a  tan solo 5 puntos del primero, Coruña. Más que el nivel de renta, que también, se debe a que en esta zona se concentran las dos primeras empresas de la mariña, Alcoa y el Hospital  que generan un número importante de trabajadores “ilustrados” que encuentran en Internet un excelente medio para desarrollar el  conocimiento y, para el  entretenimiento.

 

Nuestros políticos deberían, repetimos una vez más, “estudiarse” la memoria del POL y de su estudio, concluír planes para evolucionar aquellos sectores, que sean susceptibles de hacerlo e interese porque generen tramas de futuro.

 

6.15. RENDA FAMILIAR DISPOÑIBLE E PIB HABITANTE

 

Tanto o indicador de renda familiar dispoñible como o do Produto Interior Bruto por Habitante son magnitudes moi utilizadas para medir o grao de benestar social. Suponse, que unha maior capacidade económica tradúcese nun aumento do gasto, co conseguinte acceso a un conxunto de bens e servizos, ademais da compoñente do aforro.

 

A fonte de datos para a elaboración de ambos os indicadores foi o Atlas Socioeconómico de Galicia Caixanova do 2009, que fai referencia aos PIB e renda municipal. Analizando a renda media dispoñible familiar do litoral observamos que foi de 14.181 €/hab, fronte aos 13.547 €/hab da media de Galicia. Ambas as dúas por debaixo da media de España con 15.054€/hab. Non obstante, compróbase a existencia dun proceso de convergencia coa media nacional no caso do litoral.

 

Analizando o PIB por habitante do 2007, estariamos ante a mesma conclusión que no parágrafo anterior. España co PIB/hab de 23.592 é superior á media do litoral que ascende a 22.189 PIB/hab e esta superior á media de Galicia. Do mesmo xeito que acontecía coa renda media familiar, o PIB por habitante manifesta un proceso

de converxencia no litoral coa media nacional.

 

O gráfico 11 resume a situación da renda familiar dispoñible e o PIB por habitante para as comarcas obxecto de estudo. Analizando a renda dispoñible en €/habitante obsérvase que as máis elevadas son A Coruña (14.535 €/ hab), Pontevedra (14.378 €/hab), Vigo (14.335 €/hab), A Mariña Oriental (13.984 €/hab), A Mariña Central (13.682

€/hab), e A Mariña Occidental (13.491 €/hab), son as seis comarcas con maior nivel de renda familiar dispoñible.

 

Pola contra Ortegal, Caldas-O Sar, Noia-Muros, O Barbanza, Bergantiños todas elas con menos de 12.383 €/hab e, especialmente, Fisterra, con 11.929 €/ha son as comarcas con menor nivel de renda familiar dispoñible.

 

No relativo ao PIB por habitante, A Mariña Occidental (30.351 €/hab), A Coruña (25.584 €/hab), Vigo (22.288 €/ hab e Pontevedra (20.125 €/hab) son as comarcas con maior nivel neste indicador. A situación contraria obsérvase en Noia-Muros (14.391 €/hab) e no Morrazo (13.994 €/hab), con contías moi inferiores á media do litoral

(22.189 €/hab).

 

A comarca da Coruña ten o indicador de renda familiar dispoñible por habitante máis alto de toda Galicia, sendo especialmente elevado este indicador nos concellos da Coruña, Oleiros e Bergondo. Tendo en conta o PIB por habitante, a comarca ocupa o segundo lugar respecto ás comarcas do litoral, só por detrás da Mariña Occidental.

Os datos para a comarca de Vigo mostran un segundo posto para o PIB / hab e un terceiro posto por debaixo de Pontevedra na renda por habitante dispoñible, o que demostra a importancia económica da zona, sendo un polo de atracción para concellos e comarcas próximas.

 

Como se sinalou, A Mariña Occidental é a comarca do litoral con maior PIB per cápita, superando tamén a media de Galicia. Este resultado débese á elevada porcentaxe de poboación activa dedicada á industria (26,6%), especialmente no concello de Xove, o que xera un importante aumento da renda familiar dispoñible por habitante, pero curiosamente é a que menor renda familiar dispoñible por habitante ten das tres mariñas lucenses.

 

Isto explícase pola existencia doutras actividades económicas que non facturan pero aumentan a renda como o caso do Hospital de Burela e porque os traballadores da planta de Alcoa, dedicada á produción de aluminio viven nos diversos concellos da mariña lucense e así Burela (A Mariña Central), Cervo (A Mariña Occidental)

e Ribadeo (A Mariña Oriental) son os tres concellos de toda A Mariña con máis renda per cápita.

 

En el próximo capítulo, analizaremos esto del PIB y la Renta Familiar Disponible, que creo vale la pena. Veré si puedo reproducirles los gráficos, incluso

 

 



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris