Apuntes acerca del POL.Continuación .........
Recopilamos información, que considero relevante, contenida en el Titulo II del POL.A mi entender, figuran cosas llamadas a tener trascendencia futura inmediata. Se nos anuncia estar en tramitación, otro proyecto diseñado en la Ley 10/1995, cual es Directrices de Ordenación do Territorio, que puede redefinir el sistema urbano y rural . Lo cataloga el POL, como instrumento de carácter global, y marco xeral de referencia en las futuraas políticas territoriales.
“O Plan de Ordenación do Litoral establécese como un documento de referencia para a ordenación de 212.164 hectáreas, o 7,2% da superficie de Galicia. No litoral encóntranse catro das sete cidades que conforman o sistema principal urbano, e 14 das 21 que as Directrices de Ordenación do Territorio en tramitación esbozan como sistema urbano intermedio. En conxunto, no ámbito de estudo concéntranse algo máis de 1.600.000 habitantes, máis da metade (o 59%) da poboación total de Galicia.
A ordenación do sistema costeiro revélase, xa que logo, como unha cuestión fundamental á hora de definir un modelo territorial para Galicia que contribúa a garantir os equilibrios territoriais entre o interior, especialmente afectado polo cambio do modelo produtivo e social, e as rexións atlánticas, de maior dinamismo económico e demográfico.
De acordo co artigo 12 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, os plans territoriais integrados estarán dirixidos á organización de áreas xeográficas supramunicipais de características homoxéneas ou daquelas que, polo seu tamaño e relacións funcionais, precisen dunha planificación infraestrutural,
de equipamentos e recursos de ámbito comarcal, e de carácter integrado
O ámbito litoral de Galicia ata a data nunca foi considerado como un sistema territorial nel mesmo. A delimitación por primeira vez dun ámbito litoral (máis alá de entendelo como o comprendido polos concellos regados polo mar) adquire mediante a redacción deste plan unha personalidade propia que lle permite garantir a conservación da súa excelencia ambiental e favorecer ao mesmo tempo o desenvolvemento sostible.
Tal e como vimos no capítulo destinado ao marco xurídico, A Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia ten como finalidade favorecer a utilización racional do territorio galego e protexer o medio natural, mellorar a calidade de vida e contribuír ao equilibrio territorial, para o cal crea e regula os seguintes
instrumentos:
- Directrices de Ordenación do Territorio.
- Plans Territoriais Integrados.
- Programas coordinación de actuación.
- Plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
- Plans de ordenación do medio físico.
As Directrices de Ordenación do Territorio, actualmente en tramitación, configúranse como un instrumento de carácter global, expresión da política territorial, que teñen que constituír o marco xeral de referencia, establecendo
as pautas espaciais de asentamento das actividades, de acordo coas políticas sociais, económicas e culturais emanadas da Comunidade, integrando, se é o caso, as emanadas desde o Estado así como as propostas que xurdan desde as entidades locais.
Os criterios fundamentais que constitúen as liñas estratéxicas oriéntanse a:
- Favorecer a compacidade, harmonizar o desenvolvemento das cidades e previr a urbanización difusa.
- Fortalecer os núcleos tradicionais, o litoral e pór en valor o territorio.
- Mellorar a accesibilidade e mobilidade no territorio.
- Protexer o patrimonio natural e cultural.
- Afianzar a presenza exterior de Galicia.
Con respecto ao litoral, as Directrices de Ordenación do Territorio propón un Plan de Ordenación do Litoral que permita unha xestión integrada deste espazo singular, e recomendan unha serie de iniciativas estratégicas para configuralo como un elemento de referencia do territorio galego:
- A preservación da fronte costeira mantendo a integridade dos espazos de interese ambiental do litoral e limitando os novos desenvolvementos ao longo da costa a aqueles casos de usos de interese xeral que necesariamente deben localizarse xunto ao mar.
- A configuración dun sistema de percorridos peonís que arredor dos faros, os paseos marítimos, os espazos naturais, as sendas costeiras e outros elementos singulares permita o acceso e gozo da fachada litoral de galicia.
- A potenciación dos portos tradicionais e dos núcleos en que se localizan como elementos de centralidade do litoral de galicia que configuran unha rede de nodos de identidade arredor da que concentrar os procesos de crecemento, a prestación de servizos e a localización dos espazos de lecer e deportes náuticos.
- O desenvolvemento de espazos turísticos dinámicos apoiados en espazos urbanos que impulsen o crecemento desta actividade económica como alternativa ao modelo inmobiliario que caracteriza o turismo litoral de galicia.
- A articulación dos espazos litorais mediante sistemas de transporte colectivo.
No mesmo documento(Directrices de Ordenación do Territorio,actualmente en trámite) no epígrafe 9, titulado “Articulando o litoral. Centralidades no Litoral de Galicia”, expóñense algunhas propostas orientadas a dotar o litoral galego dunha estrutura territorial máis coherente, atractiva e sostible:
1.- “O Litoral Verde”.-Son espazos de singular valor paisaxístico ou ecolóxico que resultan imprescindibles para manter o equilibrio ambiental das nosas costas e para preservar elementos moi valiosos que contribúen decisivamente ao atractivo de Galicia.
Os criterios principais que se propón para o tratamento destes espazos céntranse en :
-Preservar a súa calidade ambiental e paisaxística, evitando a súa ocupación por usos urbanísticos de calquera tipo
-A restauración de impactos e puntos de degradación e a xestión activa para a mellora e o mantemento dos seus valores naturais e visuais.
- Do mesmo xeito proponse vincular estas áreas aos espazos urbanos e áreas rurais próximas, de xeito que se revalorice o seu papel, e se estableza un sistema de control de accesos para garantir o seu uso sostible;
- E lograr niveis de uso axeitado nos ámbitos de interese natural garantindo unha oferta suficientemente ampla como para evitar procesos de deterioración e sobreexplotación.
2.- “A Senda dos Faros”.-Proponse como unha actuación orientada soto completar e axeitar percorridos brandos e continuos para o seu uso por peóns e bicicletas que permita percorrer todo o litoral galego e proporcione un elemento de gozo do mar como escenario paisaxístico visible ao longo de todo o seu desenvolvemento e en que instalacións tradicionais como faros costeiros actúan como elementos de acollida e servizo aos usuarios
3.- “Os centros de dinamización turística” .-De acordo coas Directrices, no litoral de Galicia o turismo presenta aínda un desenvolvemento moi escaso en
comparación co que ocorre noutras zonas costeiras da península. Trátase dun sistema pouco integrado nos circuítos comerciais e que espacialmente plásmase en modelos de ocupación extensiva, con predominio de vivenda unifamiliar, predominando máis o modelo de desenvolvemento inmobiliario que o propiamente turístico e cun forte estacionalidade.
Considérase que Galicia debe seguir apostando polo turismo como un dos sectores importantes da súa economía, desenvolvendo ámbitos en que a oferta de aloxamento se oriente prioritariamente a lograr unha certa concentración de prazas de hotel e apartamentos de carácter moi dinámico, destinadas a estancias curtas e
orientadas a satisfacer demandas turísticas singulares que reduzan a estacionalidade e proporcionen un posicionamento máis favorable a un territorio con escasa tradición turística.
4.- “Os Núcleos de Identidade do Litoral”.-A primeira proposta recollida nas Directrices de Ordenación do Territorio recolle unha serie de núcleos clasificados
como elementos clave desde os que se propón unha estratexia de posta en valor dos espazos costeiros.
O factor definitorio de todos eles é o de dispor de trazos de interese e atractivo que dótenos de potencial para xogar un papel específico no modelo territorial deste ámbito. O concepto de rede é fundamental nesta formulación pois só a partir dunha estrutura coherente e integrada do conxunto dos Nodos de Identidade toma sentido e importancia a diversidade e singularidade de cada un deles.”
Continuará.....
0 comentarios